|
|
COCIÑAR CON PATACAS:
As patacas, como moitos din, "teñen practicamente de todo", en canto ao contido en sustancias nutritivas se refíre. Isto fai das patacas un alimento moi adecuado para todas as dietas; resultan de moi fácil dixestión e en contra do que moita xente cre, recomendables ata nas de adelgazamento xa que non teñen un alto valor enerxético e si dan sensación de saciedade.
Na súa faceta culinaria, as patacas están presentes en calquera nivel da máis selecta cociña; pode formar parte de Entrantes, Primeiros e Segundos pratos así como de Sobremesas sendo unha materia prima habitual na maioría das culturas.
NUTRICIÓN, A RIQUEZA IGNORADA DA PATACA
A pataca é unha das principais fontes de azucres de asimilación lenta na alimentación, debido ao almidón que contén. Pero tamén é rica en fibras, que favorecen a impresión de saciedade. Contén vitaminas (B1, B2, B3, B6, C) e oligoelementos, como o ferro e o potasio.
O almidón, reserva dos glúcidos dos vexetais, acumúlase principalmente na pataca: 100 g de patacas cocidas en auga proporcionan de 18 a 20 g de almidón.
• As fibras retardan a dixestión dos glúcidos e prolongan a súa eficacia enerxética no tempo. Trátase da saciedade, sensación de plenitude e de benestar que aparece logo dunha comida e dura ata a próxima comida. Unha alimentación rica en fibras permite diminuír lixeiramente a inxestión global de alimentos.
Unha porción de 300 g de patacas cocidas en auga proporciona uns 5 g de fibras, contribuíndo deste xeito a preto de 1/6 da cantidade recomendada por día nos adultos (é dicir, 30 g de fibras por día).
• A pataca forma parte dos alimentos de orixe vexetal ricos en vitamina B1. Esta vitamina desempeña un papel esencial no sistema nervioso e participa na transformación de glúcidos en enerxía.
• A vitamina C é un antioxidante que favorece a absorción de ferro. A pataca é unha das hortalizas máis ricas en vitamina C. O seu contido en vitamina C é da orde de 10 a 15 mg por 100 g de patacas de conservación. Ao obxecto de preservar mellor as súas calidades, a pataca debe almacenarse en sitios con pouca luz.
Unha porción de 300 g de patacas achega entre 30 e 45 mg de vitamina C, é dicir, máis do 40% da cantidade nutricional recomendada (110 mg ao día, ANC decembro de 2000).
• O ferro, oligoelemento indispensable para o organismo e que permite o transporte de oxigeno a través dos glóbulos vermellos, tamén está presente nas patacas.
• O potasio desempeña unha función nas reaccións facendo actuar as proteínas e os glúcidos. Intervén na contracción das células musculares.
O VALOR CALÓRICO DA PATACA É REDUCIDO: 85 kcal POR 100 g COCIDA EN AUGA.
Deben elixirse patacas cun sabor agradable como as de carne firme.Outro tipo de preparacións poden presentar máis calorías, pero dentro dos límites aceptables (puré ou gratinadas, entre 94 e 100 kcal por 100 g).
Doutra banda, convén limitar o consumo de patacas fritas (274 kcal por 100 g) e as chips (568 kcal por100 g), xa que este modo de cocción desnaturaliza os elementos nutricionais da pataca.
PATACAS E SAUDE
Para todos e en todas as idades:
Trátase dun alimento do crecemento e do esforzo que pode ser consumido por todos e en todalas idades: desde os bebés nos seus potitos (potaxes, purés), pasando polos nenos, os adolescentes, os adultos que desexan perder peso e as embarazadas.
Métodos de cocción moi diversos:
En consomé, cocida ao vapor ou fervida, ao forno, a pataca casa con todo: carne, peixe e ovos. Pódese saborear quente ou en ensalada e asegura que ninguén quede con fame.
A elaboración de puré e gratinados, cun pouco de leite e de queixo produce uns pratos sinxelos que achegan todos os principios nutritivos con tan só 300 kcal por porción de media.
|