Galego Castellano
A Pataca
Definición da Pataca
Historia da Pataca
Consellos Útiles
Curiosidades
Receitas
Patacas de Galicia
Festa da Patata

O Regulamento da indicación xeográfica protexida "Pataca de Galicia" e do seu Consello Regulador ratifícase na ORDE APA/1046/2002, de 24 de abril, polo MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN, publicado no Boe nº: 113/2002, de data 11/5/2002.

A Indicación Xeográfica Protexida “Pataca de Galicia” é, á súa vez, ratificada pola Comisión Europea en Regulamento nº 148/2007, de 15 de Febreiro de 2007

O produto defínese como os tubérculos da especie Solanum tuberosum, da variedade cultivada Kennebec, destinados ao consumo humano.

As características particulares das patacas amparadas pola Denominación Específica “Pataca de Galicia”, son as seguintes:
  • Forma dos tubérculos: redonda a oval.
  • Presenza de ollos moi superficiais.
  • Pel de aparencia lisa e fina.
  • Cor da pel: amarelo claro.
  • Cor da carne: branco.
  • Textura: firme ao tacto e cremosa ao ser cocida, consistente en boca.
  • Calidade para consumo: excelente, destacando o seu contido en materia seca e polas súas calidades de cor, aroma e sabor logo de ser cociñadas.
  • As patacas susceptibles de ser amparadas deben ter un calibre mínimo de 40 mm e un calibre máximo de 80 mm.

  1. A produción realízase seguindo en todo momento as prácticas tradicionais, non cultivando dous anos na mesma parcela, non utilizando semente sen certificar ou procedente de fóra da explotación, respectando un marco de plantación de 75 x 32-35 cm, así como o uso de abonos orgánicos e mantendo unha relación C/N adecuada.

  2. É obrigatorio realizar o labor de aporcado e non regar o cultivo nos trinta días anteriores á colleita. As producións máximas admitidas son de 22.000 quilos / hectárea en secano e 35.000 quilos / hectárea en regadío.
  1. O envasado realízase en lotes homoxéneos de calibre (sempre entre 40 e 80 mm) e procedencia, en envases autorizados previamente polo Consello Regulador e cun contido neto de 15, 10, 5, 4, 3, 2 e 1 quilo. Permítese de xeito excepcional, o envase de 25 quilos con destino a restauración e hostalería.

  2. O transporte de tubérculos susceptibles está amparado pola IGP e realízase por separado, en vehículos acondicionados ao efecto.

  3. Disponse de locais para almacenado debidamente acondicionados e autorizados polo Consello Regulador.
  • Debido ás condicións climatolóxicas, ás características dos chans e ás esmeradas labores culturais que se dan nas subzonas produtoras de pataca da Comunidade Autónoma de Galicia, o produto obtido ten unha calidade culinaria excepcional. Este feito, ben coñecido polos almacenistas e consumidores, fai que a produción de pataca galega de calidade sexa moi valorada e teña un prezo nos mercados, tanto rexional como nacional, superior respecto das outras producións.
  • No referente ás condicións climatolóxicas, é de destacar que a abundante pluviometría das subzonas produtoras 1.000/1500 mm./ano e as temperaturas suaves, fan que os cultivos de pataca, teñan un óptimo desenvolvemento vexetativo, sen necesitar a aplicación de regos, así se consegue un crecemento continuo dos tubérculos.
  • A existencia dun período seco nos meses de agosto e setembro, con déficit hídrico no chan, fai que os tubérculos producidos perdan auga, antes de ser cultivados, e maduren perfectamente, formándose unha pel uniforme e resistente, o que unido á redución do contido de auga no tubérculo, axuda á conservación do mesmo e aumenta a súa calidade culinaria.
  • Nas zonas produtoras, predominan os chans francos e franco/arenosos, con valores de pH comprendidos entre 5 e 6,5, sendo estes óptimos para este cultivo. Esta textura permite que a pel do tubérculo sexa fina e uniforme e que os tubérculos saian limpos de terra (non sendo necesario o seu lavado). O pH debilmente acedo impide a presenza da enfermidade denominada sarna ou roña (os tubérculos afectados pola citada enfermidade, presentan a pel áspera con pústulas, non sendo aptos para a venda, polo seu desagradable aspecto).
  • Respecto dos coidados culturais, destácanse as importantes estercoladuras que recibe este cultivo, ao redor das 25 a 30 t/ha., sendo estas moi favorables para a gran calidade culinaria final da pataca producida baixo estas condicións específicas.

Zona Xeográfica

A zona de produción da pataca de consumo protexida pola Indicación Xeográfica Protexida “Pataca de Galicia” estará constituída polos termos municipais e parroquias que compón as subzonas seguintes:

Subzona de Bergantiños (A Coruña): formada polos termos municipais de Carballo, Coristanco, Laracha, Malpica e Ponteceso.

Subzona de Terra Cha-A Mariña (Lugo): formada pola totalidade dos termos municipais de Abadín, Alfoz, Barreiros, Cospeito, Foz, Lourenzá Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, Valadouro, Vilalba e Xermade.

Subzona de Lemos (Lugo): constituída polos termos municipais de Monforte, Pantón e Saviñao.

Subzona da Limia (Ourense): composta pola totalidade dos termos municipais de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairíz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Santos e Xinzo de Limia; e as parroquias de Coedo e Torneiros do municipio de Allaríz; as de Atas, Cualedro, Lucenza, Vilela e A Xironda do municipio de Cualedro; as de Bóveda, Padreda, Seiró e Vilar de Barrio pertencentes ao concello de Vilar de Barrio, e as da Abeleda, Bobadela a Pinta, A Graña e Sobradelo do municipio de Xunqueira de Ambía.

Pataca de Galicia é unha Indicación Xeográfica Protexida

Datos sobre o Consello Regulador :

Consello Regulador da I.G.P. 'PATATA DE GALICIA'

Dirección Finca Devesa, s/n. N-525. PK. 200
32630 - XINZO DE LIMIA (Ourense)
Teléfono: 988 46.26.50
Fax: 988 46.26.50

Pedidos - Quen somos - Formas de pago - Portes - Condicións de uso e protección de datos - Enlaces - Album de fotos
 
www.todopatatas.com ©2007/2008